Wednesday 25 de February de 2026

O itinerario Mariñán, recoñecido como de interese autonómico


O goberno autonómico incorporou, tras anos de reivindicación, o itinerario “Mariñán”, unha antiga ruta de peregrinación a Santiago que atravesa os Concellos de Sada, Bergondo e Betanzos entre os oito “itinerarios culturais de interese autonómico”.

 

O itinerario “Mariñán”, a pesar de non contar cos criterios esixibles para formar parte do Camiño de Santiago, si reúne os requisitos para ser considerado relevante polo seu valor patrimonial e histórico.

A ruta conta con dúas alternativas de 6 e 14 quilómetros, na que se destaca a súa riqueza de patrimonio arquitectónico e relixioso.

O percorrido discorre pola costa de Ouces e avanza entre lugares de Bergondo, templos relixiosos e antigos palacetes. Entre os puntos máis salientables atópanse o seu paso polo Pazo se Oreiro, a Igrexa de San Xoán de Ouces -cuxo cemiterio se atopa a sepultura do filósofo Xoán Vicente Viqueira- o Mosteiro de San Salvador,que celebra este ano o 900 aniversario, e o Pazo Mariñán, bordeando as marismas do Mandeo.

Alternativa celebra a distinción que chega nun momento extraordinario ao coincidir cos 900 anos do Mosteiro de San Salvador. E sinala que fará un seguimento das accións que se desenvolvan para a divulgación do itinerario, co obxectivo de que este recoñecemento contribúa á conservación do patrimonio e a dinamización cultural e turística do municipio.

Deja un comentario