Wednesday 25 de February de 2026

Gran participación en Lousame da charla sobre hábitos saudables, que terá continuidade en próximas datas


O auditorio da Casa da Cultura Santeiros de Chave acolleu a charla “Falemos de Hábitos Saudables”, impartida por María Valiñas, enfermeira do centro de saúde de Lousame. Trátase da primeira sesión do programa Coidando Lousame, posto en marcha por iniciativa da propia Valiñas en colaboración co Concello de Lousame para tratar sobre diversas cuestións relacionadas coa saúde nunhas charlas gratuítas e abertas a toda a veciñanza.

María Valiñas foi presentada polo alcalde, Esteban Ares, quen lle agradeceu esta iniciativa para achegarlle á veciñanza unha serie de consellos e recomendacións fáciles de seguir e que teñen unha importante repercusión á hora de promover a saúde e na prevención de enfermidades como poden ser a diabetes, a obesidade ou a hipertensión arterial. Así mesmo, amosou a intención do Concello de que esta sexa a primeira doutras moitas iniciativas en beneficio da saúde e o benestar dos veciños e veciñas de Lousame.

Durante a súa ponencia, a enfermeira do centro de saúde de Lousame fixo fincapé en pequenos hábitos diarios que xeran unha gran diferencia na nosa saúde. Hábitos saudables como durmir 7 o 8 horas, facer exercicio diario como camiñar, beber auga, alimentación saudable… Uns hábitos saudables que se van acumulados e que, xuntos, fan moito máis fácil a vida das persoas.

Deja un comentario