Dende o goberno galego mantense a premisa de seguir reforzando o apoio ás empresas en I+D+i, para potenciar a súa modernización e que poidan seguir medrando para ser máis competitivas e abrir novos mercados
O vicepresidente, Alfonso Rueda destacou a capacidade de innovación e competitividade levada a cabo pola empresa pontevedresa Lago, aves, ovos e caza, ca súa aposta pola tecnoloxía e a modernización, que consolida a súa actividade de produción e venda a nivel internacional.
Alfonso Rueda acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe a granxa avícola ‘Lago’, en Pontevedra onde coñeceron de primeira man a súa actividade e o seu labor diario, e onde o titular da Vicepresidencia destacou que que este empresa familiar constitúe un exemplo de boa iniciativa empresarial que soubo adaptarse e ir medrando con bo traballo ao longo dos seus 30 anos de experiencia.
Dende o goberno galego mantense a premisa de seguir reforzando o apoio ás empresas para I+D+i, en aras da súa modernización e que segan medrando para poder ser máis competitivas e abrir novos mercados, mantendo coma eixes principais a capacidade de innovación e a competitividade, dous dos eixos fundamentais polos que apostase no marco da estratexia Industria 4.0 da Xunta de Galicia.
Dende o goberno galego apoiouse a labor desta empresa nos últimos anos con axudas, que ascenden a 1,2 millóns desde 2011, e que contribuiron á mellora dos seus procesos e á súa internacionalización, o que reflexa o compromiso do goberno galego de seguir apostando e traballando, apoiando aos emprendedores e empresarios, para seguir dinamizando a nosa economía e para seguir creando emprego.
A empresa Lago, Aves, Ovos e Caza constituíuse no ano 1985, comezando coma unha empresa comercializadora de aves e ovos, introducindo posteriormente a venta de produtos conxelados de ave, e novas referencias fora do sector avícola como o porcino e o cordeiro. No ano 2007, montou unha nova planta automática de corte, sendo unha das salas máis modernas de Europa.