Tuesday 24 de February de 2026

Rey e Cavada reúnense para reforzar a cooperación entre A Coruña e San Fernando


As alcaldesas comparten retos de goberno como a vivenda, mobilidade e reforzo dos servizos sociais xunto coa mellora do espazo urbano

No marco da visita institucional polo 45º aniversario da FEMP, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, mantivo tamén un encontro coa alcaldesa de San Fernando, Patricia Cavada, na Casa Consistorial da localidade.
Ambas rexedoras puxeron en valor o liderado feminino á fronte dos gobernos locais e o papel das mulleres na dirección das políticas públicas municipais. “Compartimos a honra e a responsabilidade de ser as primeiras mulleres alcaldesas en chegar ao cargo. Fixeron falta catro décadas de democracia para que houbese unha muller á fronte dos nosos municipios”, sinalaron.
No encontro abordaron tamén os principais retos de futuro que afrontan ambas cidades, sinalando como eixos prioritarios as políticas de vivenda, a mobilidade sostible e o fortalecemento dos servizos sociais, xunto coa mellora continua da calidade do espazo urbano.
Así mesmo, subliñaron a importancia de consolidar espazos estables de cooperación entre cidades, baseados na responsabilidade institucional, o diálogo permanente e a proximidade coa cidadanía, co obxectivo de impulsar políticas públicas máis eficaces e adaptadas ás necesidades reais da veciñanza.

Deja un comentario