O XIII Ciclo de Voces Cálidas para Noites de Inverno continúa este sábado 28 de febreiro ás 20:30 horas no Centro Cultural A Fábrica (Perillo).
Carolina Varela Ribeiro é unha nova promesa da música e do fado con apenas 20 anos. Naceu en Lisboa e creceu en Benavente, no corazón de Ribatejo. Filla de dous talentosos fadistas, Ana Sofía Varela e Ricardo Ribeiro, Carolina introduciuse no mundo do fado desde moi cedo. A súa paixón pola música manifestouse aos 8 anos, cando empezou a tocar o piano e o saxofón.
Cantou nalgunhas das casas de fado máis emblemáticas de Lisboa como “O Faia”, “Fama d´Alfama” e “Mesa de Frades”. Tivo unha memorable actuación con apenas 13 anos no Centro Cultural de Belén ao lado da súa nai. En 2024, conquistou o público no Festival Caixa Alfama.
Carolina é unha artista moi completa, non só se dedica ao fado senón que explora diversos xéneros musicais. Ademais de compoñer as súas canción, toca o piano e a viola. Con todo iso, segue mantendo unha orgullosa e forte relación coas súas raíces fadistas, o que reflicte a profundidade da súa arte e paixón pola música.
A venda de entradas para os espectáculos realizarase con antelación a través de www.giglon.com, e no despacho de billetes dos auditorios municipais desde unha hora antes do comezo do espectáculo, a un prezo de 6,00 euros, ata completar a capacidade da sala.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.