Bosque, de Mamá Cabra e Aurora Artes Escénicas fará as ledicias de todas as familias asistentes ao espectáculo que terá lugar no auditorio Gabriel García Márquez o sábado 28 de febreiro ás 18:00 horas.
Bosque é un espectáculo musical no que a natureza ofrece un concerto, unha fábula na que os animais e as plantas dun recuncho da terra expresan a sabedoría ancestral a través do seu día a día. Música e teatro para reivindicar a necesidade de coidar os pequenos lugares naturais que cada quen ten ao seu carón.
A actividade está dirixida a familias con crianzas maiores de 3 anos.
As inscricións poderán realizarse a través do formulario web habilitado ao efecto a partir do 23 de febreiro ás 10:00 horas. Terán preferencia as familias inscritas no programa Apego do Concello de Oleiros.
Máis información no Servizo de Normalización Lingüística municipal.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.