Monday 23 de February de 2026

Ribeira presenta o “Marzo do espectáculo” cunha ampla programación cultural durante todo a mes de marzo.


Dentro da aposta que a Concellería de Cultura fai polo teatro e a escena, a concelleira de Cultura, Ana Barreiro, vende de presentar O Programa marzo do espectáculo, cun amplo abano de autores consagrados da escena e da retranca galega.

A programación é totalmente gratuíta, con entrada aos espectáculos a partir de media hora antes das funcións e ata completar aforo; trátase de monólogos e contadas de humor os venres ás 21:15 h, e obras de teatro afeccionado de compañías galegas, os sábados ás 20:00 h.

As actividades comezarán o vindeiro sábado 28 de febreiro, co Grupo de Teatro O Pedroso de Narón, coa colaboración da Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño e o espectáculo “O mundo ao revés”.

Seguirán o resto do mes, o sábado 7 de marzo co grupo da Asociación Terra de Outes e a peza “Comedia Bífida”, o sábado 14 de marzo co grupo da Asociación Charamela de Melide e o espectáculo “E parecía parvo!”; o sábado 21 de marzo será a quenda da Escola Municipal de Teatro Narón coa peza “Terapias alternativas” para rematar o 28 de marzo co Grupo Noite Bohemia da Coruña e o espectáculo “Yerma” de Federeico García Lorca.

Deste xeito a variedade de estilos en arte dramático mesturan a comedia de enredo con drama e con pezas propias como “Terapias alternativas”, “O mundo ao revés” ou “E parecía parvo!” e de autores consagrados como “Yerma” de Federico García Lorca ou “Comida Bífida” de Manuel Núñez Singala.

En canto aos monólogos e contadas, que terán lugar os venres ás 21:15 h; o programa inclúe unha peza de Vero Rilo e Ángeles Goás baixo o título “Contos colorados” encadrada nos actos do CIM polo día da Muller; recolle historias da tradición oral a través das mulleres das aldeas, con moita retranca e terá lugar o venres 6 de marzo. Xa no 13 de marzo será Leti da Taberna con “Enredada” unha peza de humor visceral; o venres 20 Avelino González con “Chistes que foron contos” e pechará o ciclo o venres 27 de marzo Malala Ricoy con “Sexo seguro. Seguro?”.Todos os espectáculos están recomendados para maiores de 13 anos.

Deja un comentario