Sunday 22 de February de 2026

A Pobra coroa o seu Entroido cun desfile multitudinario de medio milleiro de participantes


• A cita concluíu coa entrega de premios, con galardóns económicos en cada categoría.

A cor, a orixinalidade e a creatividade tomaron as rúas da Pobra do Caramiñal da man do seu clásico desfile de disfraces e carrozas. A cita reuniu preto de 500 participantes entre persoas disfrazadas, integrantes das carrozas e das comparsas Samieira, Os da caña, As sonecas e Cor Café. O percorrido comezará na Covecha e rematará na rúa Castelao, no colexio Fernández Varela, lugar de celebración do concurso.

En total, houbo media ducia de inscricións na categoría de parellas e disfrace individual, catro no apartado de grupos e cinco no de carrozas. A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, felicitou a todas as persoas inscritas, ás que recoñeceu “a súa creatividade e o seu esforzo por manter vivo o espírito do Entroido no municipio”.

A cita concluíu coa entrega dos premios ás mellores creacións. Nesta edición, o Concello entregará 200 euros a todas as carrozas inscritas e outorgará, así mesmo, os galardóns por categorías. En todos os casos, haberá un primeiro, un segundo, un terceiro e un cuarto premio. No apartado de carrozas, está previsto o reparto de 1.850 euros, no de grupos 1.450 euros e 775 no das parellas e disfraces individuais.

Programación da fin de semana
A programación continuará mañá, sábado 21 de febreiro, co tradicional Enterro do Filipiño, organizado pola veciñanza do Xobre. A procesión sairá desde o campo de Cabío acompañada polo grupo de gaitas Trécola e a charanga Os Encerellados, para rematar coa queima do monicreque no pantalán.

O calendario do Entroido pecharase co Domingo de Piñata, organizado pola veciñanza da Crocha, con música tradicional, unha gran chocolatada e o sorteo de lacóns.

Deja un comentario