Friday 22 de November de 2024

O Concello de Ordes reabre ao tráfico á rúa Reverencia


Dende hoxe os peóns contan con máis seguridade ao non ter que invadir a calzada pola que circulan os vehículos para completar o seu traxecto

O Concello de Ordes vén de abrir novamente ao tráfico rodado e a peóns a rúa Reverencia, tras as obras iniciadas hai escasas tres semanas. Dende hoxe o vial conta cunha nova beirarrúa de 40 metros de lonxitude, cun ancho de 1,80 metros con base de bordo de granito e baldosa de formigón vibrado. O orzamento total desta mellora ascende a 21.300 €.
Deste xeito dase resposta á demanda veciñal de aumentar a seguridade para os viandantes que, ata agora, tiñan que completar ese tramo invadindo a calzada pola que circulaban todo tipo de vehículos. Ademais das beirarrúas o Concello tamén acondicionou a zona aledaña e repuso o pavimento deste tramo.