Sunday 22 de February de 2026

María Sampedro pon en valor o traballo realizado pola Asociación Amas de Casa de Ribeira coa organización da súa anual Homenaxe ás Persoas Maiores


• O evento terá lugar no restaurante Baiuca o 8 de marzo e va dirixido a persoas maiores de 65 anos

• A alcaldesa recordou que e entidade é unha das máis numerosas en canto a número de asociados na localidade e conta cunha gran traxectoria participativa

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañada pola presidenta da Asociación Amas de Casa de Ribeira, Puri Cores, participou esta mañá na presentación da Homenaxe ás Persoas Maiores que, como cada ano, organiza a entidade no restaurante Baiuca, en Artes.

A cita terá lugar o día 8 de marzo e vai dirixida ás persoas maiores de 65 anos do municipio ribeirenses. “Sempre é bo momento para poñer en valor o traballo que se fai desde o noso asociacionismo no que as Amas de Casa de Ribeira son un gran activo social e cultural”, indicou a alcaldesa.

As invitacións para poder participar no evento deberán ser retiradas no local da entidade de luns a venres, e en horario de 10.30h a 13.00h, ata completar o aforo existente. “Esta é unha actividade que conta cunha alta participación e que seguimos apoiando desde o goberno municipal; o cariño e o respecto cara os nosos maiores é infinito por todo o que nos levan dado e que agora debemos devolverlles en forma de ocio e desfrute con homenaxes coma esta”.

Para facilitar o desprazamento, contarase con servizo de autobuses que sairán da estación a partir das 16,30h.

Deja un comentario