Sunday 22 de February de 2026

O Concello de Ribeira executa as obras de pavimentación da contorna da Igrexa de Artes


• A inversión supera os 65.000 euros e ten un prazo de execución de 3 meses

O Concello de Ribeira traballa na mellora do estado das estradas do conxunto do municipio. Nos últimos días, comezaron novas tarefas para a pavimentación, nesta caso na parroquia de Artes.

Con esta actuación preténdese mellorar toda a zona da Igrexa parroquial mediante a substitución do actual pavimento de aglomerado existente, entre a propia Igrexa e o Cruceiro, por outro de pedra máis acorde coa contorna, afectando a una superficie aproximada de 520 m2. O novo firme estará formado por lousas de granito abuxardado que se combinarán con lastros do mesmo material.

A empresa Excavaciones Nima, S.L. é a adxudicataria desta actuación por un importe de 65.149,47 euros, incluída no Plan Complementario do POS+2023. Esta actuación conta cun prazo de execución de 3 meses.

Deja un comentario