Alternativa levou ás comisións informativas a situación dun camiño situado na zona de Socampo, tras recibir queixas da veciñanza polos problemas de deterioro que presenta o seu último tramo.
A orixe da situación estaría na auga procedente da rede de pluviais da zona da Patiña que desemboca en Socampo e a súa canalización é insuficiente nos meses máis chuviosos, deteriorando o firme do camiño e tamén o da vía do tren.
Segundo puido comprobar o grupo municipal, a terra que sostén o firme está a ceder progresivamente, unha situación que podería deixar sen acceso ás persoas propietarias dos terreos de labradío da zona. Pola outra banda técnicos de ADIF confirmaron a afectación non afecta á seguridade da rede viaria na zona.
O problema agrávase coas choivas, pero non é puntual pola situación metereolóxica actual, senón recorrente cada ano.
Na comisión, o goberno confirmou que hai unha intervención prevista que resolvería esta cuestión, aínda que recoñeceu que non existen prazos concretos para a súa execución.
Alternativa sinala que a súa labor é precisamente trasladar ás institucións os problemas reais da veciñanza e facer seguimento para que non queden nun caixón sen resposta. O grupo municipal continuará insistindo para que esta situación e outras que ven denunciando non queden no caixón.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.