Friday 22 de November de 2024

O vindeiro luns remata o prazo para apuntarse na xuntanza de maiores organizada polo Concello de Ordes


Terá lugar o 1 de maio no Campo da Feira. O programa arrancará ás 13.30 horas cunha misa solemne seguida de xantar e de baile

O vindeiro luns, 25 de abril, remata o prazo para poder apuntarse na xuntanza de maiores organizada polo Concello de Ordes. A dita celebración terá lugar no Campo da Feira da vila ordense o domingo 1 de maio, e arrancará cunha misa solemne ás 13.30 horas. Estará seguida dun xantar onde a boa música, o baile e a diversión están garantidas.
As inscricións deben realizarse na planta baixa do Concello, tras o pago previo de 5 €.