Sunday 22 de February de 2026

Bergondo inviste 818.990 euros na mellora de centros sociais


O Concello de Bergondo está a executar intervencións de mellora en distintos centros sociaies e instalacións municipais por un importe de 818.990 euros (de fondos propios e cofinanciación da Deputación de A Coruña), nunha aposta clara pola modernización dos espazos públicos ao servizo da veciñanza.

 

Na actualidade están en marcha actuacións nos centros sociais de Santa Marta, Mariñán, Cangas e no tellado da antiga escola de Santa Marta. Ademais, está previsto que proximanmente inicie unha intervención no edificio de Servizos Sociais do Concello

Estas actuacións teñen o obxectivo de mellorar as condicións funcionais dos diferentes espazos con diferentes melloras de mantemento e acondicionamento, orientadas a garantir unhas instalacións más adaptadas ás necesidades actuais.

Dende Alternativa destacase que este investimento reforza a participación cidadá e o tecido asociativo, facilitando que as entidades locais conten con infraestruturas axeitasdas para deselvolver a súa actividade diaria e impulsar iniciativas en beneficio da comunidade.

Deja un comentario