Coincidindo coa celebración do Día dos Namorados, o Concello de Carballo estrea no salón de plenos un novo mural vexetal pensado para converterse no escenario das fotografías dun dos días máis especiais na vida de moitas parellas.
O photocall, recuperado do Congreso Vilas en Flor e adaptado ao seu novo espazo, está elaborado con plantas preservadas, entre elas algunhas tan representativas do noso concello coma o trigo, e nace coa intención de ofrecer un fondo coidado, natural e fermoso para as vodas civís que se celebran na casa do concello, que son moitas cada ano.
Para presentar este novo espazo quixemos contar dos dous concelleiros máis “casamenteiros”: Maruxa Suárez e Iván Andrade, que o pasado ano oficiaron 18 das 23 vodas civís celebradas no concello, nove cada un.
Con esta iniciativa créase un novo recuncho para a memoria e para as fotografías que acompañarán ás parellas ao longo da súa vida en común.
Porque o amor tamén forma parte da vida municipal ❤️




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.