Thursday 19 de February de 2026

UxC deixou a mocidade sen servizos, Alternativa pide solucións


Alternativa solicita ao goberno local que informe se ten previsto poñer en marcha un programa de actividades para a mocidade ao longo deste 2026, unha planificación que continúa sendo unha das grandes tarefas pendentes do Concello.

O Departamento de Xuventude é un dos máis perxudicados pola crise institucional xerada no Concello polo anterior goberno de Unión por Cambre (UXC), cuxa xestión provocou a desaparición de máis dunha decena de programas de ocio educativo que nunca foron substituídos.

Alternativa critica que, a día de hoxe, non existe unha oferta estructurada e atractiva para a mocidade, nin unha planificación estable nas Casas da Xuventude, que presentan unha clara falta de dinamización e continuidade. Lembra que a OMIX foi durante anos un servizo de referencia para as familias e as novas xeracións, ademais de para outros concellos de Galicia.

A situación actual é consecuencia directa da mala praxe sostida no tempo, que deixou o servizo xuvenil practicamente desmantelado, cun deterioro das instalacións e unha deficiente organización do persoal e servizos externalizados, como a Casa das Palmeiras.

Alternativa advirte que traballará para esixir ao actual goberno que non continúe a mesma senda e traballe na recuperación dunha política xuvenil planificada, estable e útil para a veciñanza.

Deja un comentario