Alternativa denuncia que o edificio unicamente albergou tres actividades dende o 2023, segundo o rexistro municipal.
A formación considera que esta situación evidencia unha falta de planificación na xestión dos equipamentos municipais. O edificio xera custos fixos derivados do seu mantemento- incluíndo conservación, xardíns e servizos asociados- sen que exista unha actividade para a veciñanza que xustifique este investimento.
Alternativa subliña que a falta de actividade impide aproveitar o verdadeiro potencial deste emblemático inmoble, xa que as súas características permitirían convertela nun referente cultural, social e turístico, sempre que exista unha estratexia clara de usos e dinamización.
O grupo sinala que o infrauso continuado non só supón un impacto económico, senón que contribúe ao deterioro das instalacións, como xa é visible noutras infraestruturas municipais da contorna como a Torres de Celas ou a instalación de Chave da propia reitoral.
Por isto, Alternativa dos Veciños considerará demandar medidas que impulsen un maior uso por parte de entidades e veciñanza, co obxectivo de optimizar os recursos e garantir que espazos singulares como a Casa Reitoral de Celas cumpran unha función activa e útil para a veciñanza.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.