Prestarase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril.
O Concello abrirá mañá o prazo de inscrición para o servizo de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar que se oferta a través do Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha durante os días laborables da semana santa, isto é, o 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril.
O servizo, que vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, estará en funcionamento nesas datas entre as 7:00 e as 14:15 horas nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo.
Ofrécense dúas modalidades de solicitude para acceder ao servizo de acordo ás necesidades de conciliación de cada usuario, podendo escoller as opcións con ou sen almorzo. Os servizos básicos incluídos para calquera modalidade de inscrición son a acollida, coidado, vixilancia e realización de actividades educativas e lúdicas con profesionais especializados
O prazo para solicitar a praza permanecerá aberto ata o día 13 de marzo. As persoas interesadas poden tramitar a inscrición ben a través da sede electrónica ou ben acudindo ao Centro de Información das Mulleres (Edificio Administrativo da Laracha). Requírese un mínimo de dez inscritos para poder levar a cabo este programa.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.