Os homes e mulleres que participan no programa de Prevención da Dependencia do Concello de Boqueixón celebraron o Entroido cunha gran festa, que tivo lugar na tarde este luns no local social de Vigo e na que estiveron acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Ángela Conde Leis.
Os maiores fixeron un desfile de batas, con cadansúa máscara, e diante dun público conformado polos seus familiares, que quixeron unirse á festa. Unha celebración que incluíu tamén unha degustación de filloas e chocolate quente.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.