Thursday 19 de February de 2026

Carlos Vela presenta o martes nas Torres de Santa Cruz a súa obra Historias Móviles


O teatro das Torres de Santa Cruz acolle o vindeiro martes 24 de febreiro, ás 20:00 horas, a presentación do libro Historias Móviles de Carlos Vela. Ademais do propio autor, na presentación participará o alcalde, Ángel García Seoane; o cónsul de Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero; o músico Javier Fresenga; e un representante da editorial Medulia.

Historias Móviles é un conxunto de 13 contos cuxa paradoxa é ter como elemento fixo o móbil. Ou como fío condutor a un elemento sen fíos. Escritas integramente nas notas dun teléfono, con títulos que son características ou funcións do aparello, estas historias comunícanse entre si con conexións máis ou menos sutís (agás a primeira e as dúas últimas, totalmente independentes) e van desde un presente aparentemente ectópico a un futuro distópico, onde o móbil destaca, cada vez con maior presenza, como elemento de control das vidas humanas.

Carlos Vela, nado en Uruguai e residente en Galicia desde 1992, é un creativo, deseñador gráfico, pintor e ilustrador que cultiva tamén a literatura desde unha idade temperá.

Deja un comentario