A festa de Entroido organizada polo Concello de Oleiros para mañá venres 20, a partir das 18:00 horas no pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz, contará coa participación de 20 grupos e 19 disfraces individuais/parellas.
A festa comezará ás 18:00 horas da man da Orquestra Los Satélites. O concurso de disfraces, no que se repartirán 5.200 euros en premios, comezará ás 19:00 horas.
Os participantes no concurso proceden de todos os recunchos de Galicia: Vilagarcía de Arousa, A Laracha, Culleredo, Betanzos, Cedeira, A Coruña, outeiro de Rei, Abadín, Lugo, Vigo, A Pastoriza, Vimianzo, Cambre, Culleredo e Oleiros.
Na categoría de grupos haberá un primeiro premio de 1.500 €, un segundo de 1.000 €, dous terceiros de 500 € e un accésit de 400 €.
Na categoría individual-parellas o primeiro premio será de 400 €, o segundo de 300 €, haberá dous terceiros de 200 € e dous accésit de 100 €.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.