O Concello de Neda programa o vindeiro martes, 24 de febreiro, a partir das 19 horas, unha charla informativa, da man da Asociación GDR Seitura 22, sobre a nova convocatoria das axudas do programa Leader. Ademais, na sesión falarase sobre os beneficios que tería para a veciñanza a posta en marcha dunha comunidade enerxética.
A charla, que terá lugar na Casa das palmeiras, vai dirixida a persoas físicas e empresas –calquera que teña en mente un proxecto, ou que decidira xa poñelo en marcha ou ampliar e diversificar un negocio- así como entidades públicas e privadas sen fin de lucro. En definitiva, todos os posibles solicitantes do programa, cofinanciado por fondos europeos, que repartirá 1.043.698 € en axudas a proxectos que se desenvolvan nos concellos de Ferrolterra, Eume, Ortegal, Miño e Vilarmaior.
O equipo de Seitura 22, entidade da que é socio o Concello de Neda, informará sobre os distintos tipos de proxectos que poden presentarse- produtivos ou xeradores de actividade económica ou non produtivos, impulsados por entidades locais, asociacións…- as porcentaxe de investimento, a contía máxima da subvención, os requirimentos, o procedemento para solicitalas ata o 6 de abril. Abordará tamén as condicións do Bono Activa Rural.
Finalmente, encontro reservarase tempo para falar sobre a creación, no marco do proxecto de cooperación “Redenerxía”, de comunidades enerxéticas no territorio permitan á veciñanza aproveitar os recursos locais a través da produción ou a xestión de enerxías renovables.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.