Thursday 19 de February de 2026

O Deus Momo preside o Antroido coruñés desde a praza das Atochas


A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a homenaxe a Nito e Antón de Santiago
O Antroido da Coruña acolleu esta tarde un dos seus actos festivos máis importantes: a entronización do Deus Momo. Debido ás condicións climáticas, finalmente, celebrouse na praza das Atochas. Estivo presente a alcaldesa, Inés Rey, quen destacou “a importancia dun carnaval singular en Galicia e que transformará a cidade os próximos días”.
O acto contou coa actuación musical da comparsa Monte Alto a 100, gañadora do concurso de música e letra celebrado o pasado sábado no Palacio da Ópera. Ademais, esta tarde tamén se celebrou a tradicional ofrenda floral a Nito e Antón de Santiago, xunto ás súas placas e monolitos na Casa do Sol.

Deja un comentario