Thursday 19 de February de 2026

As Somozas busca fomentar a natalidade con achegas de ata 3.000 euros


• Esta serie de axudas teñen como obxectivo converterse en complementaria ao apoio familiar e ao fomento da fixación da poboación no termo municipal.

• Están destinadas ás familias con crianzas nadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.

O Concello das Somozas convoca, un ano máis, unha serie de axudas á natalidade, con achegas de ata 3.000 euros, en apoio ás familias do municipio.

Teñen por obxectivo converterse nunha medida complementaria ao apoio familiar e ao fomento da fixación da poboación no termo municipal. Están destinadas ás familias con crianzas nadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.

Segundo os diferentes requisitos, estas axudas terán as seguintes cantidades:
• 1.000 euros polo/a primeiro/a fillo/a nado/a, adoptado/a ou acollido/a.
• 2.000 euros polo/a primeiro/a fillo/a nado/a, adoptado/a ou acollido/a, no caso de padecer unha discapacidade.
• 2.000 euros polo/a segundo/a e sucesivos/as fillos/as nados/as, adoptados/as ou acollidos/as.
• 3.000 euros polo/a segundo/a e sucesivos/as fillos/as nados/as, adoptados/as ou acollidos/as, no caso de padecer unha discapacidade.

As familias interesadas poderán realizar as solicitudes de forma virtual na sede electrónica do Concello das Somozas ou ben de forma presencial no Rexistro das Somozas. Poderanse presentar cun prazo máximo de tres meses desde a data de nacemento, resolución xudicial de adopción ou resolución administrativa de acollemento, e dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.

O alcalde, Juan Alonso Tembrás, puxo en valor que “estas achega son un gran apoio ás familias e sirven para que poidamos contar con novos nenos e nenas nas Somozas”.

“Un ano máis, o que buscamos con estas axudas é fomentar a natalidade no noso municipio, así como tamén axudar a cubrir as necesidades básicas no momento dun nacemento, que son moitas”, rematou.

As bases para solicitar esta subvención pode atoparse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/05/2026_0000000598.pdf

Deja un comentario