Thursday 26 de February de 2026

O Xoves de Comadres rende homenaxe á científica Ángeles Alvariño no 110 aniversario do seu nacemento


A alcaldesa, Inés Rey, destacou a importancia que teñen as referentes femininas no ámbito científico para favorecer a igualdade

O Xoves de Comadres rendeu hoxe homenaxe á científica Ángeles Alvariño, coincidindo co 110 aniversario do seu nacemento. O acto celebrouse no Arquivo Histórico Municipal de Salvador de Madariaga e contou coa presenza da alcaldesa, Inés Rey. A iniciativa das comadres cigarreiras busca render homenaxe e difundir a obra de Alvariño, considerada figura clave da oceanografía moderna e “un símbolo do talento científico galego”, tal e como indicou Rey.

A alcaldesa destacou que, un día despois da celebración do Día da Muller e Nena na Ciencia, é importante que as novas xeracións teñan referentes femininas como Ángeles Alvariño, cuxa traxectoria “foi recoñecida por institucións de todo o mundo, e o seu legado permanece vivo tanto polo avance que supuxeron as súas investigacións como polo seu papel inspirador para as novas xeracións de científicas”, apontou a alcaldesa. Tras o acto, as comadres cigarreiras levaron a cabo un percorrido a pé ata a praza de María Pita.

Deja un comentario