Wednesday 18 de February de 2026

Bergondo oferta once cursos gratuítos para fomentar a inserción laboral


A inscrición abrirase mañá, xoves 19 de febrerom e pode facerse por teléfono no 981 791 252 ou a través dun formulario da web municipal

O obxectivo é dar continuidade ao traballo iniciado en anos pasados, reiterando aquelas actuacións formativas que tiveron éxito e propoñendo novidades

O Concello de Bergondo continúa apostando por mellorar a inserción laboral das súas veciñas e veciños e para iso lanza unha variada oferta de cursos gratuítos que levarán a cabo durante todo o ano.

O obxectivo principal é dar continuidade ao traballo iniciado en anos pasados, reiterando aquelas actuacións formativas que tiveron éxito e propoñendo novidades que veñen satisfacer peticións formuladas ao longo destes meses.

Seguindo estas premisas preséntanse un total de 11 cursos dalgunha das actividades máis demandadas Estes son: Manipulador/a de alimentos, Monitor de tempo libre, Introdución práctica á Intelixencia Artificial, Creación de contidos dixitais con Intelixencia Artificial, Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, Manexo de carretilla elevadora, Operador de plataforma elevadora, Evacuación de PEMP sobre camión, Moverse con seguridade no mundo dixital, Xestión de almacén e Prevención de Riscos Laborais.

A inscrición abre mañá, xoves 19 de febreiro, e pódese facer por teléfono no 981 791 252 Ext.4 ou de forma en liña a través do formulario https://docs.google.com/forms/d/1c2xMmDmBkxmXvw8vTJRsZ-hStjM08t-N_GzgEPC-5yk/edit. Lémbrase que a programación pode sufrir variacións ao longo do ano debido a novas suxestións por parte dos usuarios ou a que non se alcanza o número mínimo de rexistrados.

Sobre os criterios de selección, terán preferencia aquelas persoas empadroadas no Concello de Bergondo, primeiro aquelas en procura de emprego e despois os/as que estean a traballar ou noutras situacións. A continuación terán prioridade as persoas desempregadas que non estean empadroadas en Bergondo e, finalmente, as persoas en activo ou outras situacións procedentes doutros municipios. Dentro de cada un destes grupos seguirase a orde cronolóxica de inscrición.

Deja un comentario