Wednesday 18 de February de 2026

O Concello organiza campamentos en Semana Santa para escolares de infantil e primaria


Para contribuír á conciliación familiar nas datas vacacionais de Semana Santa, os días 30 e 31 de marzo e o 1 de abril o Concello organiza campamentos para nenos e nenas de entre 3 e 11 anos. O albergue municipal e o parque da Finca Tenreiro, en Nós, acollerán esta actividade que contará cun horario de 9:00 a 14:00 horas.

Todos aqueles pais e nais interesados poden solicitar máis información no correo electrónico ensino@oleiros.org. As inscricións serán na web municipal ou presencialmente na Fábrica, entre os días 23 de febreiro e 2 de marzo.

Deja un comentario