Wednesday 18 de February de 2026

O Museo do Seixidal pon en marcha unha proposta para a súa inclusión no Sistema Galego de Centros Museísticos


• Estase a realizar un inventario detallado, así como unha catalogación de todas as pezas para presentar a proposta e poida ser incluído no SGCM.

• O obxectivo de este museo etnográfico é didáctico, de modo que mostra como se vivía nas aldeas y con que se levaban a cabo as labores do campo.

• O complexo está formado por varios edificios e na casa principal están expostas ferramentas e obxectos doados pola veciñanza para recrear as labores agrícolas e gandeiras que ao longo dos anos se levaron a cabo nas Somozas

O Museo etnográfico do Seixidal das Somozas, a través da empresa Trivium encargada do proxecto, presentará nos vindeiros meses unha proposta para a súa inclusión no Sistema Galego de Centros Museísticos (SGCM). Deste xeito, estase a preparar todas as accións necesarias para a proposta, entre elas un inventario detallado e unha catalogación de todas as pezas do museo.

O complexo está formado por varios edificios e na casa principal están expostas ferramentas e obxectos doados pola veciñanza para recrear as labores agrícolas e gandeiras que ao longo dos anos se levaron a cabo nas Somozas, moito antes de que se iniciase a súa industrialización.

Os aparellos, mobles e útiles teñen indicacións sobre o seu uso y tamén o nome da persoa, familia ou entidade responsable da súa doazón.

O obxectivo de este museo etnográfico é didáctico, de modo que mostra como se vivía nas aldeas y con que se levaban a cabo as labores do campo. Tamén se realizan visitas concertadas para os colexios ou asociacións que así o soliciten.

O alcalde das Somozas, Juan Antonio Tembrás, explicou que “este museo ten unha función didáctica moi importante, na que se explican tradicións como a Malla do Seixidal, a reparación dos aperos de labranza ou se dan a coñecer, a rapazada e adultos, as técnicas de agricultura e gandeiría que se levan realizando durante décadas e que son símbolo da nosa terra”.

“Estamos traballando para preparar unha proposta firme e completa para conseguir que o noso Museo do Seixidal forme parte do Sistema Galego de Centros Museísticos, fito que consideramos que sería moi positivo para a súa divulgación e recoñecemento”, concluíu Tembrás.

Deja un comentario