Tuesday 17 de February de 2026

O mércores remata o prazo para inscribirse no concurso de disfraces de entroido do Concello do Oleiros


O prazo para inscribirse no concurso de disfraces remata este mércores ás 14:00h

A festa de Entroido terá lugar o vindeiro venres 20 no Pavillóns Arsenio Iglesias de Santa Cruz a partir das 18:00 horas e contará coa actuación da Orquestra Os Satélites.

O concurso de disfraces contará con 2 categorías: individuais-parellas (1 ou 2 persoas) e grupos (entre 3 e 25 persoas).

Na categoría de grupos haberá un primeiro premio de 1.500 €, un segundo de 1.000 €, dous terceiros de 500 € e un accésit de 400 €.

Na categoría individual-parellas o primeiro premio será de 400 €, o segundo de 300 €, haberá dous terceiros de 200 € e dous accésit de 100 €.

As inscricións deberán facerse a través da Sede Electrónica Municipal (https://sede.oleiros.org/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=CATALOGO&DETALLE=6269007487015956005301) ou de forma presencial a través do rexistro sito no Centro Cultural A Fábrica (Rúa do inglés, 13, Perillo).

Deja un comentario