• Esta actuación mellorará estas instalacions, permitindo ás persoas usuarias un acceso a baños, duchas e zonas para cambiarse.
• As obras, financiadas ao 100% con fondos propios municipais, contemplan a construción de dous módulos simétricos e diferenciados que darán dous baños por sexo para o público.
As Somozas prepara a construción dos vestiarios do campo de fútbol da Toca, unha actuación que permitirá ás persoas usuarias o acceso a baños, duchas e zona para cambiarse de roupa.
Estas obras, que están financiadas ao 100% con fondos propios municipais, contemplan a construción de dous módulos simétricos e diferenciados que darán dous baños por sexo para o público. Así, o Concello investirá máis de 55.000 euros nesta actuación.
O obxectivo prioritario é a potenciación do deporte local, en beneficio da veciñanza que practique esta disciplina deportiva. Procederase, polo tanto, a construción de vestiarios tanto masculino con feminino, para o que se empregarán materiais e revestimentos de alta calidade que garantan a durabilidade dos mesmos. Teranse en conta criterios como a accesibilidade e a sustentabilidade.
O alcalde, Juan Alonso, destacou que “esta actuación pretende potenciar as infraestruturas municipais” e agarda que “a construción destes vestiarios doten dun novo pulo a esta instalacións que son empregadas acotío por moitos veciños e veciñas”.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.