Friday 22 de November de 2024

Gremio de Hospedaxe de Compostela e Camiños de Santiago advirte da necesidade de regular toda a oferta de hospedaxe nos Camiños de Santiago


A asociación, composta por empresarios das distintas rutas Xacobeas en Galicia, recorda que o intrusismo en forma de alugueres clandestinos está a ser unha queixa recurrente entre os establecementos do Camiño

O Gremio de Hospedaxe de Compostela e Camiños de Santiago –entidade composta por empresarios de hospedaxe en todas as súas modalidades nas distintas rutas xacobeas en Galicia- advirten da necesidade de regular toda a oferta de hospedaxe no Camiños de Santiago, un nicho de mercado turístico no que tamén se están a detectar numerosas queixas por intrusismo en forma de alugueres non regulados nas diferentes rutas xacobeas.

Dende o Gremio recordan que é especialmente preocupante nos cascos históricos das cidades polas que pasa o Camiño, como é o caso de Santiago de Compostela, onde en marzo de 2015 había máis de 1.800 prazas en vivendas turísticas non reguladas, a maioría concentradas no casco histórico, segundo datos que manexa Exceltur. Trátase de algo moi dañino para o sector xa que, debido á súa alta concentración no casco histórico supoñen unha incidencia moito máis perxudicial para os establecementos legais que se estivesen repartidos.

Este crecemento descontrolado ao redor do casco histórico está, ademais, incrementando de xeito exponencial o prezo da vivenda tanto en aluguer como en venta e isto á súa vez está a producir unha expulsión da poboación residente.

En termos económicos, esta nova modalidade de aluguer fai que a contribución nos destinos sexa moi inferior ao resto de aloxamentos porque curiosamente o que se aforra alugando non se gasta máis no lugar de destino. Iso é o que se desprende do mesmo estudo de Exceltur, no que tamén queda patente que as viaxes asociadas a vivendas turísticas xeran unha derrama económica diaria un 84% menor que os establecementos regulados xa que os usuarios de vivendas gastan 20,4€ menos en aloxamento e 16,7€ menos en compras, restaurantes e lecer. En canto á xeración de emprego, as vivendas xeran 9,8 empregos directos cada 100 prazas frente os 53,3 dos establecementos regulados.

Estancia mínima de cinco días
Do mesmo xeito, os dereitos do consumidor non están garantidos nas vivendas de aluguer turístico non regulado, sendo especialmente preocupante o feito de que non teñan seguros de responsabilidade civil e que a lei de protección de datos só se aplique nos establecementos regulados, polo que non hai control das autoridades sobre os hóspedes nestes establecementos.

Dende o Gremio de Hospedaxe de Compostela e Camiños de Santiago consideramos que estamos ademáis ante un claro caso de competencia desleal no mercado, xa que mentres os aloxamentos tradicionais cumplen cunha esaxerada carga regulatoria non hai normas que regulen estas vivendas e é precisamente este distinto trato normativo o que xera unha vantaxe económica clara.

É por iso polo que instamos á administración autonómica a que axilice a aprobación do decreto de viviendas de uso turístico para que haxa unha oferta regulada de calidade nos Camiños de Santiago e que nela se inclúan os requisitos fiscais e de seguridade, hixiene e saúde esixibles aos establecementos regulados e que demanda o sector, así como unha estancia mínima que, como noutras comunidades como a de Madrid, quedou fixada en 5 días.