Monday 16 de February de 2026

Visita a centenaria Erundina Amado


A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, visitou a Erundina Amado García, veciña de Sanín (Lubre), para felicitala polo seu centenario, que celebra hoxe, luns 16 de febreiro de 2026, e entregarlle un ramo de flores e un detalle do Concello.

Naceu en Torres (Vilarmaior), casou alí e tivo 3 fillas. Estivo emigrada en Alemaña durante dous anos co seu marido e alí traballou nunha fábrica de cocinas. Cando regresaron instaláronse en Coruña, onde tiveron un bar ata o ano 1974, cando unha das súas fillas emigrou a Inglaterra e ela quedou coidando unha neta, dos cinco que ten (e ten 6 bisnietos).

Foron 5 irmáns, o máis pequeno vive agora con ela en Lubre. Erundina está fantástica de saúde, non toma medicinas, gústalle moito comer e cada día fai a súa cama, o baño e recolle a cociña. Ademais, está atenta á chegada do panadeiro. Pasa o seu tempo calcetando calcetíns para toda a familia, xogando a partida ou pintando, unha afección que colleu durante a pandemia grazas a unha das súas netas.

Chegou a Lubre desde Coruña porque unha das súas fillas comprou un terreo e fixo unha casa en Bergondo e despois ela e o seu marido decidiron comprar ao seu lado. Desde a pandemia instaláronse alí definitivamente.

Deja un comentario