Monday 16 de February de 2026

A Coruña será a sede do DATAfórum Justicia 2026, o encontro de referencia na dixitalización da xustiza


O evento, que contará con máis de 1.500 persoas inscritas, chegará á cidade os días 21, 22 e 23 de outubro

A Coruña será os días 21, 22 e 23 de outubro a sede do foro de referencia nacional na dixitalización na xutiza, DATAfórum Justicia 2026. Trátase dun encontro para profesionais, expertos e interesados que constará de ponencias, mesas de debate, talleres prácticos e sesións dirixidas a estudantes onde relfexionarase acerca dos novos retos da xustiza na era da intelixencia artificial e dos avances tecnolóxicos, aportando unha mirada humanista e tratando cuestións clave como a ciberseguridade e os dereitos fundamentais. A organización corre a cargo do Concello, do Ministerio de la Presidencia, Xustiza y Relacións coas Cortes e a Universidade da Coruña, co apoio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O evento reunirá a máis de 1.500 persoas provenientes, principalmente, dos ámbitos empresarial e universitario. Entre as actividades máis destacadas está o DATAthon Xustiza, un reto para o talento novo no que se reúnen estudantes de distintas universidades españolas, organizados por equipos multidisciplinais, para desenvolver solucións tecnolóxicas innovadoras ante os desafíos vinculados á Xustiza. Tras o éxito da súa edición de 2025 en León, que reuniu a máis de 40 institucións públicas, 36 empresas tecnolóxicas e 8 universidades, con 168 relatores e 212 actividades, o DATAfórum consolídase como o principal espazo para mostrar proxectos de dixitalización e fortalecer a colaboración entre as administracións, o sector privado e o mundo académico.
“Para nós é un orgullo ser a sede de proxectos que están á vangarda dos seus sectores. O futuro da xustiza nesta época de cambios estruturais na administració e no mundo precisa de conversacións e debates sosegados e profundos con voces expertas señalando o camino aos que veñen detrás, aos estudantes”, apuntou a alcaldesa Inés Rey.

Deja un comentario