Thursday 12 de February de 2026

O Concello outorgou axudas a sete asociacións para a realización de actividades culturais e de lecer


O Concello de Neda vén de conceder a sete entidades axudas municipais para sufragar parte dos gastos de actividades culturais e de lecer do pasado ano. Asociacións veciñais, culturais, de mulleres, e de pais e nais do alumnado concorreron á convocatoria de subvencións realizada no último trimestre do 2025 para fomentar o traballo do movemento asociativo no municipio.
A administración local reservou 10.000 euros para repartir entre as distintas entidades que levan a cabo accións culturais, cun importe máximo de 1.500 euros, segundo o establecido nas bases. O interese xeral das actividades, a repercusión social, o seu carácter permanente, a súa contribución ao uso do galego, ou que os seus destinatarios sexan maiores ou mozos foron algúns dos criterios valorados. As sete entidades beneficiarias conseguiron a mesma puntuación correspondéndolles 1.428 euros (nun caso a contía foi finalmente algo menor por mor dos gastos e ingresos notificados).
Así, conseguiron o respaldo municipal a Asociación de Veciños O Castro de Viladonelle; a veterana Lucero del Alba, que impulsa festivais e concertos ao longo do ano; a Asociación Filigrana, promotora da xuntanza anual de palilleiras, e a Asociación de Amas de Casa. Finalmente, outorgáronse axudas para Asociación Semente de Trasancos, e para as Anpas dos CEIP Maciñeira e San Isidro que, en paralelo, contan fondos municipais para soster os servizos de comedor escolar e madrugadores.
Con estas subvencións dento o Concello buscan contribuír ao fortalecemento do tecido social, apoiando ás asociacións na realización de actividades, programas e eventos de carácter cultural e de lecer, contribuíndo así a mellorar a calidade de vida.

Deja un comentario