Friday 22 de November de 2024

O Concello asina un novo convenio de colaboración co Club Baloncesto Cambre


Este convenio, que terá unha vixencia dun ano e se enmarca dentro da política de apoio ás entidades deportivas municipais

O alcalde, Manuel Rivas, acompañado polo edil de Deportes, Fernando Caride, selaron un novo acordo co presidente do club Baloncesto Cambre Caeiro,Javier Prieto, que permitirá á entidade seguir realizando os seus proxectos deportivos especialmente en desenvolvendo os seus programas de formación base. Este convenio, que terá unha vixencia dun ano, enmárcase dentro da política de apoio ás entidades deportivas municipais que veñen desenvolvendo actividades de fomento da práctica deportiva, organización de eventos deportivos e de participación cidadá.
Debemos destacar que o club Baloncesto Cambre se converteu, nestes últimos anos, nunha entidade de referencia a nivel autonómico no mundo do baloncesto polo seu gran traballo coas escolas dirixidas aos máis pequenos e os éxitos obtidos nas categorías señor.

A subvención que se concede ascende a 9.000 euros e servirá para que este club de referencia poida seguir levando a cabo o seu labor formativo no campo do baloncesto dentro de Cambre.