A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, visitou a Sebastiana Savasta, veciña da Lagoa (Ouces), para felicitala polo seu centenario, que cumpriu o 10 de febreiro de 2026, e entregarlle un ramo de flores e un detalle do Concello. Naceu en en Sicilia, despois da guerra marchouse a Arxentina (Mar de Prata) coa súa nai, o seu marido e catro fillos. Ao chegar, enviárona de volta porque lle dixeron que tiña febre amarela e tivo que regresar a Sicilia. A súa nai foi a falar con Eva Perón e despois de 9 meses puido regresar a Arxentina (fíxoo en barco, con camarote asignado e todas as comodidades). Viviu 25 anos en Italia, 50 anos en Argenina e leva 25 anos en Bergondo.
Sebastiana quedou viúva aos 38 anos con 4 fillos e unha filla en camiño. Ten 5 fillos, 9 netos e 9 bisnietos. Encargouse sempre das tarefas do fogar e tamén tivo un despacho de pan en Arxentina. Goza dun estado de saúde moi bo e o único que a limita un pouco son as súas pernas.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.