Wednesday 11 de February de 2026

A Asociación Ambar e a Deputación da Coruña mergullan á diversidade funcional no patrimonio submarino de Galicia


A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional levou a cabo esta mañá a actividade ‘Mergullando sen nos mollar’, unha iniciativa que fusiona tecnoloxía e inclusión para descubrir os tesouros ocultos da costa galega. A xornada contou ca participación institucional de Rosa Ana García López, Deputada de Medio Ambiente, Francisco SuárezPuerta, portavoz do PSOE do Concello de Ribeira e Vicente Mariño, concellleiro de Servizos Sociais.

Tecnoloxía ao servizo da inclusión
A actividade permitiu ás persoas participantes explorar a riqueza submarina de Galicia sen saír de terra firme, grazas ó uso de imaxes 360º e dispositivos de realidade virtual. A experiencia propuxo unha viaxe inmersiva que percorreu dende os fondos protexidos do Parque Nacional ata os densos bosques de algas da nosa costa.

O éxito da xornada radicou na colaboración de varios equipos especializados:
• Apoio técnico e pedagóxico: O equipo de 13 Graos encargouse de guiar a viaxe submarina con rigor científico.
• Acompañamento especializado: As facilitadoras de Ambar aseguraron que a actividade fose accesible para todas as persoas.

Unha experiencia sen barreiras

O obxectivo principal de ‘Mergullando sen nos mollar’ é garantir que o patrimonio natural sexa accesible para todos os públicos. Para iso, a información foi adaptada de xeito  individualizado, eliminando calquera barreira cognitiva ou física e convertendo a aprendizaxe nunha experiencia lúdica e sensorial.
“As persoas usuarias levan moito tempo ilusionadas pensando nisto, queremos dar as gracias a Rosa Ana por acercarnos a ter a posibilidade de facer esta actividade… grazas tamén ó Concello de Ribeira por darnos o seu apoio e acompañarnos nesta visita.” Comentou Milagros Rey, presidenta de Ambar.

A Deputada de Medio Ambiente rematou a súa visita agradecendo a acollida da Asociación Ambar e agradeceu tamén “traer esta actividade aquí, e grazas tamén por todo o traballo que están a facer dende Ambar de xeito transversal, lóxicamente en todos os ámbitos, pero neste caso no que me toca a min que é o Medio Ambiente” afirmaba Rosa Ana García.

Deja un comentario