Friday 22 de November de 2024

Lectura pública da obra de Manuel María este sábado na Biblioteca Municipal de Riveira para conmemorar o Día do Libro


Este sábado día 23 de abril, para celebrar o Día do Libro, a Biblioteca Pública Municipal de Riveira vai ser escenario dunha lectura pública da obra de Manuel María, homenaxeado deste ano nas Letras Galegas.

O evento terá lugar ás 12 do mediodía e pode participar todo aquel que estea interesado. Trátase dunha iniciativa promovida pola FEGAMP e a Fundación Manuel María á que se quixo sumar o Concello de Riveira.