Wednesday 11 de February de 2026

O Alcalde de Oleiros instálase na mentira ao cuestionar o acordo Xunta-FEGAMP sobre a axuda a domicilio


Segundo a Lei de Servizos Sociais de Galicia de 2008, aprobada polo bipartito do que formaban parte o Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego, o servizo de axuda no fogar é competencia municipal.

Con todo, a Xunta de Galicia, aínda que non ten esa obrigación directa de facelo, incrementará a súa achega nun 50% nesta lexislatura. Pasará de 12 a 16 euros por hora este ano, subindo un euro máis por hora en 2027, e alcanzando os 18 euros en 2028.
É o Goberno Central -que debe cofinanciar ao 50% coa Xunta-, o que non está a cumprir nin moito menos coa súa achega a este servizo.
A Xunta comprometeu neste acordo coa FEGAMP 150 millóns de euros adicionais ata 2028 para levar a cabo as melloras indicadas.
A Xunta de Galicia dirixiuse en múltiples ocasións ao Goberno Central lembrándolle esta obrigación para evitar maiores esforzos tanto da propia administración autonómica como da local.

Esta omisión consciente de referencia algunha ao Goberno da Nación por parte de García Seoane na súa “última rabecha” só pode obedecer á afinidade do Alcalde co Presidente Pedro Sánchez -de quen se declarou fan incondicional-, esquecendo reclamarlle o 50% que lle corresponde ao Goberno Central.

Se se asumise esa responsabilidade e efectuásese esa achega por parte da Administración do Estado, a axuda, ao ser máis cuantiosa, serviría para ampliar e mellorar o servizo e alcanzar ao maior número de veciños que a precisen.

Doutra banda, é lamentable que o Goberno Municipal malgaste diñeiro en multitude de accións de axitación e, sobre todo de propaganda, e non en ampliar e mellorar a asistencia social no municipio.

O Partido Popular lémbralle o recente caso -e non era o primeiro- en que unha persoa foi atopada no seu domicilio días despois de falecer.
Menos “xolda” e máis compromiso social. Menos especulación urbanística e máis atención aos servizos básicos e de plena competencia local.

Deja un comentario