Wednesday 11 de February de 2026

Alternativa demanda á Deputación melloras na DP-1707


Alternativa reclama á Deputación de A Coruña a o estudo e adopción de medidas a estrada DP-1707, que é o eixo de comunicación habitual para a veciñanza de A Gándara con Pravio e Cambre, tamén é a conexión con Iñas e San Pedro, no municipio veciño de Oleiros.

O trazado da estrada resulta totalmente obsoleto ás necesidades reais do tráfico que soporta diariamente. Nalgúns tramos prodúcense estreitamentos que dificultan a circulación nos dous sentidos e supoñen un risco evidente para os peóns, xa que non conta con beirarrúas.

As deficientes características da vía converten este punto nun foco de inseguridade viaria na que son frecuentes sinistros que afectan non só á circulación rodada, senón tamén a vehículos estacionados e a inmobles situados no marxe da estrada.

A veciñanza leva tempo demandando actuacións para que melloren as condicións desta estrada, sen que ata o momento estas reclamacións se teñan traducido en intervencións eficaces que resolvan de maneira definitiva a problemática.

Deja un comentario