O Concello recibirá unha achega da Deputación para as actuacións
O Concello de Riveira informa de que a Deputación da Coruña vén de resolver a concesión dunha achega económica correspondente ao programa FOAYIA dirixida á creación dun parque infantil na nova área recreativa de Punta do Castro en Castiñeiras, así como a mellora do parque existente na Ameixida, lugar situado na mesma parroquia.
O importe da subvención provincial (integrada nunha liña de axudas destinadas aos concellos e outras entidades locais para investimentos de promoción económica durante o 2016) ascende a 13.625,44 euros para un proxecto valorado en algo máis de 61.000 euros (39.143 euros a actuación de Punta do Castro e 21.957 a da Ameixida).
Xogo combinado
No caso de Punta do Castro, o proxecto técnico elaborada prevé a colocación xunto ás pistas deportivas dun gran xogo combinado composto por distintos tipos de tobogáns, tubos trepadores e un columpio dobre, entre outros elementos, sobre unha superficie amortiguada de caucho de 16,4 por 9,60 metros, perimetrada por un valado de polietileno de distintas cores.
En canto á Ameixida, cómpre lembrar que o parque existente atópase dividido en dúas zonas independentes, situadas cada unha delas a un lado da pista multideporte existente. Ambas presentan un significativo deterioro.
En liñas xerais, a actuación programada comprende a dotación dun novo pavimento a base de gránulo de caucho e céspede artificial sobre unha soleira de formigón, substituíndo ademais aqueles xogos que estean danados por outros novos.