A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, asistiu hoxe, no Centro Integrado de FP Someso na Coruña, a unha sesión preparatoria do alumnado que participará no campionato estatal SpainSkills 2026, nas modalidades de Ebanistería e Carpintería, en representación de Galicia. Trátase de Pablo Álvarez, do propio CIFP Someso, na especialidade de Carpintería, e de Anxo Silva, do Instituto Plurilingüe Antón Losada Diéguez da Estrada, no apartado de Ebanistería.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP puxo en valor o apoio da Xunta de Galicia á preparación dos estudantes, así como o traballo previo que se desenvolve nos centros educativos para garantir a excelencia dos participantes. Neste sentido, destacou o papel fundamental do profesorado, responsable de acompañar e preparar os competidores tanto a nivel técnico como competencial antes de acudir á cita que terá lugar en Madrid entre os vindeiros días 24 e 28 de febreiro.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.