Antes do peche, no día 26 de febreiro, a mostra organizará varios obradoiros, un deles impartido polo propio artista
A exposición “Xavier: Momentos Naturais”, no Quiosco Alfonso, chegará ao seu fin o 26 de febreiro, e como colofón celebrararanse varias actividades ao longo destas semanas. A primeira será o taller familiar “O xardín circunflexo: Paisaxes orgánicas”, no que os participantes poderán deseñar e construir un xardín orgánico, conformado por criaturas paisaxe; híbridos vexetais, minerais e animais, que configurarán un todo vivo e interrelacionado.
O evento está pensado para nenos e neneas a partir de cinco anos acompañados dunha persoa adulta. Se levará a cabo os sábados 14 e 21 de febreiro ás 12.00 horas na sala municipal de exposicións do Quisco Alfonso. A duración aproximada é de 60 minutos e as reservas poderán facerse a través do correo ludidactica@gmail.com.
O ciclo final tamén traerá as sesións de “Do gravado á estampación” impartido na sala de exposición do Quiosco e na EASD Pablo Picasso por Bérengère Lipreau e o propio Xavier e que explora as técnicas desta forma de expresión artística. As datas y horarios desta actividade, de aforo limitado, será:
– Martes 24 de febreiro:
9.00 – 10.30: Recepción do alumnado no Kiosco Alfonso e presentación das técnicas de gravado utilizadas por Xavier.
11.00 – 14.30: Taller en EASD Pablo Picasso, realización polos alumnos dunha placa coa técnica do azucre e “morsure au lavis d’acide”
14.30 – 16.00: Pausa comida
16.00 – 20.00: Taller en EASD Pablo Picasso, impresión dos gravados
– Mércores 25 de febreiro:
10.00 – 15.00: Taller en EASD Pablo Picasso, demostración dos modos de impresión con diferentes técnicas.
17.00 – 20.00: Visita á exposición no Kiosco Alfonso e conclusión do taller con presentación dos traballos.
O número total de prazas é de 12, con seis para o público xeral e outras seis para o alumnado do EASD Pablo Picasso. As reservas faranse na oficina da EASD Pablo Picasso, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Deberá presentarse unha copia do DNIe o formulario dispoñible na seguinte ligazón debidamente cumpletado.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.