O cirurxián Diego González Rivas, a matemática e pianista Laura Farré e a coruñesa Alba Meijide, experta en IA, serán varios dos protagonistas
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, acompañado polo director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, presentou hoxe a programación dos vindeiros días
O evento Coruña Comunica Ciencia volve á cidade con tres xornadas consecutivas de formatos divulgativos, monólogos, teatro e música. Será esta semana, os días 11, 12 e 13 de febreiro, e novamente co Teatro Colón como epicentro das actividades, como no anterior certame.
Esta mañá, no acto de presentación da edición deste ano, o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, puxo en valor esta iniciativa da entidade Ceo Aberto, que conta co apoio do Concello e a colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades: “Coruña Comunica Ciencia enriquece aínda máis a programación cultural da nosa cidade, que conta cun piar fundamental na nosa rede de Museos Científicos Coruñeses en materia de aprendizaxe didáctica”.
Neste sentido, o persoal técnico da rede municipal tamén estará presente no evento desta semana. Concretamente, coa participación do director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado —presente hoxe na rolda de prensa de presentación, acompañado polo divulgador científico David Ballesteros, fundador de Ceo Aberto—.
Con eles, persoeiros como o cirurxián Diego González Rivas, a matemática e pianista catalá Laura Farré, a coruñesa Alba Meijide —recoñecida polo seu traballo no campo da IA— e expertos en ciberseguridade como Kike Fontán.
A programación estará estruturada en tres bloques de actividades, en horario de mañá (para público escolar), de tarde e de noite (para público familiar e adulto).
Para asistir ás sesións programadas será preciso retirar entrada previa, cun custo de 2,95 por franxa horaria. Os pases dos días 11, 12 e 13 están dispoñibles aquí.
Programación completa do Coruña Comunica Ciencia 2026
Mércores 11
10:30 – 13:00 h.: Ata o infinito… e máis aló, coa directora da Domus Patricia Barciela e o asesor STEM José Viñas (Alumnado de Secundaria)
17:30 – 18:30 h.: Teatro, malabares e física. Rube, coa compañía circense Alodeyá (Todos os públicos)
20:00 – 21:00 h.: Recital «Caos: de la teoría a la música», coa Dra. Laura Farré Rozada. Pianista, matemática e investigadora (Todos os públicos)
21:00 – 22:00 h.: Teatro «Elemental», con Manuel Vicente, o actor César Goldi e o pianista Juanjo Fernández (Todos os públicos)
Xoves 12
10:30 – 11:50 h.: «Un mundo de fantasIA: guía de supervivencia dixital», co experto en hacking e ciberseguirdade Kike Fontán. (Alumnado de Primaria)
17:00 – 19:00 h.: Galicia Divulga. Microcharlas coa divulgadora Eva Cabanelas, o divulgador Xacobo de Toro, a experta en IA Alba Meijide, o astrónomo Dosi Veiga, e a directora do IIM CSIC Beatriz Novoa (Todos os públicos)
20:00 – 21:00 h.: Charla «Evolucion de la cirugía torácica con la robótica por incisión única», co ciruxián Diego González (Todos os públicos)
21:00 – 22:00 h.: Hacking para adultos co hacker e experto en ciberseguridade Kike Fontán (Público adulto)
Venres 13
10:30 – 11:50 h.: «A metade invisible da Ciencia», coa enxeñeira biomédica Iria Ollero e o divulgador científico David Ballesteros (Alumnado Secundaria)
17:00 – 18:00 h.: Radio. Gravación de «Efervesciencia», co divulgador Manuel Vicente (Todos os públicos)
18:00 – 19:00 h.: Charla coa divulgadora Rocío Vidal, «La gata de Schrodinger» (Todos os públicos)
20:00 – 20:45 h.: Charla co director dos Museos Científicos Marcos Pérez (Todos os públicos)
20:45 – 21:45 h.: Charla «El espejismo de la mayoría», co divulgador Eduardo Sáenz de Cabezón (Todos os públicos)
21:45 – 22:30 h.: Música e IA: «El arte ha muerto ¿otra vez? La ilusión de la creación musical», coa compositora e experta en IA Sofia Oriana (Todos os públicos)




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.