Friday 22 de November de 2024

A brigada de obras actúa na canalización de saneamento en Fontenla que afecta o bombeo de Cela


A Brigada atende a unha alta carga de traballo debido ás altas precipitacións
A brigada de Obras continúa reparando os danos ocasionados polo temporal que arrasou o municipio a principios de mes. Neste caso, retiraron decenas de ribazos de viarias e cunetas que dificultaban a circulación e poñían en risco a circulación.

Onte, centraron os seus esforzos nunha actuación de canalización de saneamento na zona de Fontenla (Pravio) que, segundo parece, podería influír no bombeo de Cela. Os operarios da brigada víronse obrigados a reparar este tramo de saneamento de Pravio, cuxa tubaxe presentaba roturas, o que producía que as augas pluviais entrasen de saneamento e desta forma esgotaba a capacidade das canalizacións de fecais.

Ao entrar gran cantidade de pluviais na rede de saneamento esta colápsase e impide que o bombeo de forma correcta. Por iso o traballo da brigada consistiu en buscar estes puntos de rotura de tubaxes nos que se producían filtracións á rede de saneamento.

Doutra banda, tamén se actuou nos numerosos afundimentos de viarios tras as precipitacións das últimas semanas. As fochas fóronse reparando a medida que cesaron as choivas e aínda quedan algúns por reparar.

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, agradece o esforzo da Brigada de Obras municipal que traballou de forma intensa durante o temporal e que aínda segue “empregándose a fondo para reparar as consecuencias das altas precipitacións”.