Prolongará a rede municipal en 2.981 e engadirá 71 novos pozos de rexistro, 34 arquetas e 4 pequenas depuradoras
O Concello de Boqueixón está a investir máis de 400.000 euros en obras de mellora e ampliación da súa rede municipal de saneamento. Así, o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e o concelleiro de Servizos e Obras Públicas, Manuel Fernández Munín, veñen de facer a visita de replanteo ás obras de saneamento en oito núcleos de poboación, acompañados de técnicos da empresa adxudicataria, Hordescon SL.
Unha actuación que permitirá ampliar en 2.981 metros a rede actual de saneamento, coa construción de 71 novos pozos de rexistro, 34 arquetas e 4 pequenas depuradoras. As obras acometeranse con cargo ao POS+ Adicional 2/2024 e suporán un investimento de algo máis de 400.000 euros.
Actuacións
Así, en Ardilleiro Pequeno prolongarase en case 400 metros a rede de saneamento, con 13 pozos de rexistro e 8 arquetas, e instalarase unha pequena depuradora con capacidade para dar servizo a 15 casas. En Eirexe e Agra canalizaranse outros 910 metros de tubería instalarase unha pequena depuradora para dar servizo a 10 vivendas. Do mesmo xeito, instalaranse outros 285 metros de tubería en Frenza e 313 metros en Xiadás, onde se fará tamén unha depuradora con capacidade para 25 habitantes.
No núcleo do Casal preténdese canalizar 399 metros de tubería de saneamento, cunha estación apta para depurar a carga de 25 habitantes; mentres que en Villalapaz canalizaranse 365 metros de tubería de saneamento e instalarase un pozo de bombeo. Finalmente, en Zarramacedo haberá unha dobre actuación: 130 metros de tubería para saneamento e outros 80 para canalización de augas pluviais.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.