As inscricións estarán abertas ata o mesmo domingo 15 de febreiro para as categorías de grupos, por parellas e individuais
O mércores 11 de febreiro remata o prazo para anotarse no Concurso e Desfile de disfraces, comparsas e carrozas de Entroido de Carballo para as categorías de comparsas e carrozas. Os interesados e interesadas teñen toda a info e as bases en <https://carballo.gal/cultura-e-festas/>. A inscrición poderá realizarse nas oficinas de Cultura do Pazo da Cultura ou no rexistro do Concello de Carballo, ademais de na sede electrónica do Concello; en cambio, no caso das categorías de grupos, por parellas e individual, a inscrición pode realizarse ata o domingo 15 de febreiro. En caso de facerse o mesmo día, pode formalizarse pola tarde, ata unha hora antes do comezo do desfile, no vestíbulo da Casa do Concello.
Hai que subliñar que o de Carballo é un dos desfiles con máis tradición e tamén o que ten a contía de premios máis alta de toda a Costa da Morte con máis de 10.000 euros. Deste importe, máis de 4.500 están destinados a gratificacións para premiar a participación na actividade, repartidos en 125€ para as comparsas infantís; 125€ para as comparsas de adultos de menos de 25 membros; 200€ para as de máis de 25 membros; e 300€ para as carrozas. Concederanse un máximo de 20 gratificacións para os 20 primeiros inscritos.
Ademais, está previsto entregar ata 17 premios e ata 1.000 euros en accésits, distribuídos da seguinte forma:
➢ INFANTIL (ata 14 anos)
• COMPARSAS
1º premio: 300€
2º premio: 150€
3º premio: 100€
4º premio: 60€
• GRUPOS (de 2 a 7 compoñentes)
Premio de 110€
• INDIVIDUAL (1 compoñente)
1º premio: 90€
2º premio: 70€
3º premio: 50€
➢ ADULTOS (máis de 14 anos)
• CARROZAS (mínimo de 15 compoñentes)
1º premio: 1000€
2º premio: 600€
3º premio: 350€
• COMPARSAS (mínimo de 10 compoñentes)
1º premio: 700€
2º premio: 400€
3º premio: 200€
• GRUPOS (de 2 A 9 compoñentes)
Premio de 125€
• INDIVIDUAL (1 compoñente)
Premio de 60€
➢ INFANTIL OU ADULTOS: PREMIO ESPECIAL “CHOQUEIRO DE BERGANTIÑOS” (1 compoñente). Participante inscrito en calquera das modalidades (non precisa inscrición específica)
Premio: 100€
➢ ACCÉSITS
1000€ a distribuír en calquera categoría ou modalidade
Co obxecto de velar pola seguridade de participantes e espectadores, o Concello quere facer fincapé na importancia de respectar as medidas de seguridade, en especial, na
construción de carrozas. Todas estas indicacións figuran nas bases e nas fichas de inscrición para participar neste concurso que están dispoñibles na web do Concello de Carballo.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.