O novo visor ofrece información detallada sobre mapas, planos, normativa e documentación técnica
O Concello de Miño continúa avanzando na súa aposta por achegar a administración aos veciños e veciñas, facilitando o acceso aos datos xeoespaciais e xeográficos coa incorporación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) á súa Geoportal.
Esta nova funcionalidade permite aos veciños e veciñas consultar de forma sinxela e gratuíta a situación urbanística das parcelas catastrais do Concello desde a web a través de diferentes dispositivos. O visor ofrece información detallada sobre mapas, planos, normativa urbanística e documentación técnica, facilitando o acceso a datos de interese.
Ademais, conta cunha guía para seguir as instrucións de, o que o fai máis accesible e intuitivo.
O Geoportal de datos foi posto en marcha fai dez meses co inventario de camiños municipais e os datos das franxas de protección contra incendios forestais. Agora, con esta incorporación, consolídase como unha ferramenta clave para a consulta de información territorial e urbanística.
Todas as persoas que estean interesadas poden acceder ao Geoportal de datos desde a páxina web municipal.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.