O novo servizo ofrecerá menús diarios gratuitos ás familias necesitadas do concello
Servizos Sociais estima en 150 o número de usuarios de este novo servizo. O presuposto para o exercicio de 2015, no que xa traballa o executivo, reserva 160.000 euros para a posta en marcha dun comedor social que ofrecerá diariamente menús gratis ós máis necesitados.
O obxectivo deste novo servizo é atender as necesidades básicas de alimentación das personas en risco de exclusión social por non ter ingresos económicos ou por sofrir algún tipo de problema de saude.
O novo servizo da concellería que dirixe Ana Bello repartirá diariamente, e con carácter permanente, un menú nos centros cívicos de Arteixo, Meicende e Oseiro e servirá para completar as axudas de emerxencia social, que, aínda que xa contemplan axudas económicas para a compra de alimentos, son de son de carácter temporal ata que os solicitantes podan cobrar outras axudas como a risga.
A única condición para acceder ó servizo será dispoñer dun informe dos técnicos de servizos sociais que atestigüe que os solicitantes cumpren as condicións necesarias para dispoñer do mesmo.
O novo comedor social complementa así a oferta municipal de axudas de emerxencia social, que son de carácter básico e extraordinario.