Sunday 08 de February de 2026

Gonzalo Muíños denuncia a inacción do goberno local ante a aparición de varias rodas pinchadas a vehículos dos praceiros do Mercado de Abastos


• Asegura que el mesmo trasladou a Sanmartín “hai 15 días” esta situación e critica que non se puxera en contacto cos afectados

• Pide que se investiguen os feitos e se adopten medidas urxentes para garantir a seguridade na zona

Varios vehículos e furgonetas de praceiros do Mercado de Abastos apareceron nas últimas semanas coas rodas pinchadas de forma intencionada. É a denuncia que fixo este sábado o concelleiro non adscrito, Gonzalo Muíños, quen criticou a inacción do goberno local ante uns feitos que cualifica de “graves” posto que “están a xerar prexuízos económicos, retrasos na actividade e unha gran sensación de indefensión”.

Muíños asegura que el mesmo trasladou en privado á Alcaldesa “hai quince días” esta situación e lle facilitou o contacto dalgún dos afectados: “dúas semanas despois, nin se puxo en contacto nin tomou ningunha medida” critica. O portavoz das Non Adscritas pide que se investiguen estes actos vandálicos e que se tomen medidas urxentes para garantir a seguridade na zona.

O edil non adscrito criticou ademais que, mentres isto sucede, a Alcaldesa “presume de cumprir coa súa obriga máis básica que é escoitar da veciñanza”, tendando converter “en excepcional algo que debería ser habitual”. Refírese Muíños á recepción que tivo lugar o pasado xoves dalgunhas veciñas e veciños que solicitaron un encontro con Sanmartín: “visto o que está a ocorrer na Praza de Abastos, queda claro que o habitual non é que a Alcaldesa escoite e atenda aos veciños e veciñas”, engadiu.

Deja un comentario